Contenido del pack

Mandil longo con peto.
Talla única: 80x63 cm.
Composición: 65% poliéster, 35% algodón.


Mandil longo con peto.
Talla única: 80x63 cm. 
Composición: 65% poliéster, 35% algodón.

Denominación de Orixe: Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés
Variedade de uva: Albariño 100%
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Unha pequena adega familiar, apenas 2 hectáreas de viñedos, unhas cepas centenarias e moito saber facer. Iso é todo o que se precisa para crear un grande albariño.

Enmarcado dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, este branco elabórase a partir dunhas cepas propias, cultivadas con dedicación nunha zona privilexiada do Val do Salnés e cunha mestura de viticultura tradicional con notas enolóxicas máis modernas.

O resultado é un viño elaborado por «artesáns do Albariño», mais cun carácter diferenciado e sofisticado.

Ingredientes
Aceite de oliva e categoría superior procedentes de olivas autóctonas Brava&Mansa

Características
Aceite obtido directamente de olivas e só mediante procedementos mecánicos
250 ml 

Información nutricional
(Contido por cada 100 g)
Valor enerxético 3700 kJ/ 900 Kcal
Graxas: 100 g
das cales saturadas: 15 g
Hidratos de carbono: 0 g
dos cales azucres 0 g
Proteínas 0 g
Sal: 0 g


Aceite de oliva virxe extra de primeira calidade procedente de olivas autóctonas galegas Brava&Mansa. O único 100% galego, obtido directamente de oliveiras centenarias que foron conservadas e recuperadas para manter vivo o xa cualificado como o gran ouro líquido de Galicia. Estas variedades de oliva galega proporcionan un aceite con niveis aromáticos moi diferentes: toques herbáceos e frescos cun baixo nivel de amargor. Un sabor único no mundo. Pero ademais temos que falar das propiedades saudables deste produto desde tempos inmemorables, e que hoxe en día foron recoñecidas por universidades como a Universidade de Vigo e a Universidade de Córdoba. Un manxar que só se pode degustar en Terra de Preguntas.

Ingredientes
Mexillón 61% e salsa escabeche 39% (aceite de oliva 68%, vinagre de vino 22%, cebola, allo, sal e mezcla de especias)

Características
4/6 pezas
Tamaño: xigantes
Capacidad: 120 ml
Peso neto: 115 g
Peso neto escorrido: 70 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto consumir en 24h, conservando o produto no frigorífico

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 168 kcal / 714 kJ
Graxas: 8,7 g
das cales saturadas: 1,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 20,1 g
Sal: 1,6 g


Excelentes mexillóns xigantes procedentes da Ría de Muros-Noia, onde foron criados de forma artesanal esperando pacientemente ao tempo de maduración óptimo para conseguir este extraordinario tamaño. Recolleitos e seleccionados a man, son posteriormente lavados en auga de mar para sometelos despois a cocción. Unha vez terminado este proceso, aplícase a receita tradicional de salsa escabeche que actúa de cobertura procedendo a marinar o mexillón con ingredientes naturais como o aceite de oliva, vinagre, cebola, allo e outras especias, que impregnan o mexillón outorgándolle ese sabor tan característico, creando unha das maiores delicias de conservas gourmet.

Ingredientes 
Navallas, auga e sal

Características 
Peso Neto: 115 g 
Peso Escorrido: 65 g 
Conservar en lugar fresco e seco 
Unha vez aberto, consumir en 24 h conservando o produto no frigorífico

Información nutricional 
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 96 kcal / 408 kJ 
Graxas: 1,6 g
das cales saturadas: 0,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 18,1 g
Sal: 1,6 g


As navallas de Terra de Preguntas son capturadas na Ría de Arousa, un hábitat ideal para o crecemento deste molusco. Para buscar a excelencia, débense seleccionar bancos de cría que combinen unha salinidade perfecta das súas augas, impresionantes areais e o abeiro natural fronte ás inclemencias do mar.

Para o seu envasado utilízanse métodos artesanais, depurándoas e cocéndoas ó vapor; a continuación lávanse con auga salgada morna para potenciar o seu sabor. Empácanse e, acto seguido, engádeselles o líquido de cobertura: auga natural quente da cocción da propia navalla. Despois, escónchanse coidadosamente de forma manual unha a unha. Así conséguese que as pezas non rompan e que se poidan envasar enteiras. Finalmente, cóbrense con auga natural para a súa conservación, obtendo unha conserva de máxima calidade e intenso sabor.

Produto de tempada. Dispoñibilidade limitada.