Por que o berberecho se chama berberecho?
¿Por qué el berberecho se llama berberecho?

Berberechos ó natural grandes das rías galegas

9400038

EUR 20,50 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Estes berberechos procedentes da Ría de Muros-Noia son recolleitos mediante as técnicas tradicionais e seleccionados a man durante os meses de Outubro-Xaneiro. Así se escollen só aqueles que ten o tamaño máis grande e o nivel de calidade óptimo para o seu envasado. A escaseza e singularidade deste produto é o que o fai tan especial. O intenso sabor deste molusco fai que non necesite moito máis para converterse nun dos abanderados das conservas gourmet. Por iso, para a súa preparación son lavados en auga de mar para non perder nada da súa esencia, logo cócense, se desconchan e colócanse manualmente na lata. Así, ao natural, pódese gozar dun incrible e singular sabor que só nos proporcionan produtos galegos tan selectos e únicos como este.

Non contén aditivos nin conservantes

Ingredientes
Berberecho, auga e sal

Características
25/35 pezas
Tamaño: grande
Capacidade 120 ml
Peso neto 115 g
Peso neto escorrido 65 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto consumir en 24h, conservando o produto no frigorífico

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 48 kcal / 200 kJ
Graxas: 0,5 g
das cales saturadas: 0,05 g
Hidratos de carbono: 0 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 10,7 g
Sal: 1,5 g