Aviso Legal

1. Titularidade do dominio terradepreguntas.com

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, informámoste de que a titularidade do dominio www.terradepreguntas.com corresponde a Tierra de Preguntas S.L., sociedade limitada de nacionalidade española, con NIF número B-70501572 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 3597, folio 55, folla C 54762. 

Os datos de contacto de Tierra de Preguntas S.L. son os seguintes:

Domicilio: Rúa Enrique Mariñas n.º 36 – 8.º - Local 4 15009 A Coruña

Teléfono: 981 216 470

Enderezo de correo electrónico: webmaster@terradepreguntas.com

 

2. Obxecto e ámbito de aplicación

As presentes condicións xerais de utilización (en diante, as «condicións de uso») establecen as advertencias, termos e condicións aplicables ao uso dos medios técnicos do sitio web aloxado baixo o nome de dominio www.terradepreguntas.com que Tierra de Preguntas S.L. pon á disposición dos usuarios.

Tierra de Preguntas S.L. poderá modificar unilateralmente, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño da web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso ou uso da web, sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento do usuario as ditas modificacións.

 

 3. Usuarios 

O acceso ou uso desta web atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, quen acepta, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións de uso, así como as condicións particulares que, se procede, complementen, modifiquen ou substitúan estas condiciones de uso en relación con determinados servizos e contidos da web.

O usuario comprométese a utilizar a web, así como os seus servizos e contidos, de conformidade coas presentes condicións de uso, con plena observancia e respeto da lexislación aplicable e dos dereitos de terceiros, sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública. Así mesmo, o usuario non utilizará a web con fins ilícitos nin lesivos contra Tierra de Preguntas S.L. ou terceiros, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento da web. En concreto, e a simple título enunciativo, absterase de:

  • Usar os contidos da web, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Levar a cabo calquera vulneración dos dereitos de Tierra de Preguntas S.L. ou, de ser o caso, dos seus lexítimos titulares sobre os contidos da web.
  • Utilizar os contidos da web para calquera fin comercial ou publicitario distinto dos estritamente permitidos.
  • Realizar calquera intento de obter os contidos da web por calquera medio distinto dos que se poñan á disposición dos usuarios, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen ningún prexuízo á web ou a calquera dos seus servizos. 

O uso da web realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do usuario. Esta responsabilidade estenderase ao uso, por parte do usuario ou de calquera terceiro, de todo contrasinal ou similar asignado para o acceso á web ou a calquera dos seus servizos.

Sen prexuízo do anterior, Tierra de Preguntas S.L. resérvase o dereito a denegar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso á web a aqueles usuarios que incumpran estas condicións de uso, así como as condicións particulares que en cada caso lles sexan de aplicación.

 

4. Propiedade intelectual

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web  son propiedade de Tierra de Preguntas S.L. ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión nel e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

Os dereitos de explotación do sitio web son titularidade de Tierra de Preguntas S.L. e están protexidos polas leis de propiedade intelectual españolas e polas leis aplicables do país onde se utilice.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública, sobre os ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de Tierra de Preguntas S.L. ou dos terceiros correspondentes.

 

5. Política de privacidade

Os datos persoais que facilite serán obxecto de recollida e tratamento nun ficheiro responsabilidade de Tierra de Preguntas S.L., inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxa finalidade é a de poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación comercial que se estableza entre ambas as partes e para o envío de comunicacións comerciais, sempre relacionadas cos servizos ou produtos de Tierra de Preguntas S.L.

O feito de cubrir os formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.terradepreguntas.com supoñen o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de Tierra de Preguntas S.L. coas finalidades expresadas neste apartado. 

Tierra de Preguntas S.L. implantou todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina web www.terradepreguntas.com.

Así mesmo, Tierra de Preguntas S.L. adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre datos de carácter persoal (“LOPD”) e demais normativa que a desenvolve, conforme os datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados por modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos. 

Para cumprir coas finalidades indicadas, pode resultar necesario que lles comuniquemos ou cedamos a información que os usuarios nos proporcionen a determinadas sociedades que forman parte do Grupo no que se integra Tierra de Preguntas S.L. (cuxas actividades se relacionan co sector de e-commerce), polo que entendemos que, ó proporcionarnos información a través deste sitio web, vostede autoriza expresamente a Tierra de Preguntas S.L. a que efectúe as tales comunicacións ou cesións ás citadas sociedades vinculadas.

O usuario, pola presente, garante que os datos persoais proporcionados son certos e exactos e comprométese a notificar calquera cambio ou modificación destes. Calquera perda ou dano causado ao sitio ou á persoa responsable do sitio web ou a calquera terceiro mediante a comunicación de información errónea, inexacta ou incompleta será responsabilidade exclusiva do usuario.

Todo usuario que o desexe poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, de acordo co previsto na LOPD e demais normativa aplicable a este fin, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada —que inclúa o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido e na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe— á atención de Tierra de Preguntas S.L., Rúa Enrique Mariñas n.º 36 – 8.º - Local 4, 15009 A Coruña.

Polo mero acceso á web, non queda rexistrado de forma automática ningún dato de carácter persoal que identifique a un usuario. Non obstante, pode quedar rexistro de determinados parámetros, tales como o enderezo IP dende o que se accede ás páxinas do sitio web, as páxinas visitadas na web, a data e a hora da conexión ou tipo de navegador de internet do usuario con fins puramente estatísticos a fin de mellorar a navegación do usuario e a xestión da web de Tierra de Preguntas S.L. Calquera outro dato de carácter persoal (por exemplo: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico…) que non se poida obter polo simple feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a empresa se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto con ese fin.

 

 6. Política de cookies

 

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permítenlle á devandita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que aquel utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario e mellorar o servizo ofrecido.

As cookies utilizadas nesta páxina web son as que xera Google Analitycs, sendo a denominación e a concreta finalidade de cada unha delas as seguintes:

  • _ga: Úsase para distinguir os usuarios e ten unha duración de dous anos a partir da súa creación.
  • _gat: Utilízase para limitar a porcentaxe de solicitudes de cada usuario. Esta cookie expira aos 10 minutos.

Pode atopar máis información a este respecto e inhabilitar o uso destas cookies en www.google.com/policies/privacy/ 

Ao navegar e continuar na nosa páxina web acepta o uso das cookies descritas nas condicións expresadas. No entanto, é posible restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu ordenador:

Informámolo, no entanto, de que a desactivación dalgunha cookie pode impedir ou dificultar a navegación ou a prestación dos servizos ofrecidos nesta web.

  

7. Ligazóns

Este sitio web pode conter ligazóns ou hipervínculos que conducen a outras páxinas web xestionadas por terceiros alleos á nosa empresa. Tierra de Preguntas S.L. non pode garantir o contido ou as informacións que se recollan nas devanditas páxinas web mencionadas, nin a súa veracidade ou actualización e, en consecuencia, non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puideren derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes ou ofrecidos nos sitios web non xestionados por Tierra de Preguntas S.L. e que resulten accesibles a través de www.terradepreguntas.com. 

Así mesmo, establécese que as persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen un hipervínculo dende unha páxina web doutro portal de internet a calquera das páxinas do portal de Tierra de Preguntas S.L., deberán someterse ás seguintes condicións:

  • O establecemento do hipervínculo non implicará a existencia de relacións entre Tierra de Preguntas S.L. e o titular da páxina web ou do portal dende o cal se realice, nin o coñecemento e aceptación de Tierra de Preguntas S.L. dos servizos ofrecidos no devandito portal.
  • Tierra de Preguntas S.L. non será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web ou portal dende o cal se realice o hipervínculo nin das informacións e manifestacións incluídas neles.

 

8. Exclusión de garantías e responsabilidade

Tierra de Preguntas S.L. non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de: 

-       A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web ou dos seus servizos ou contidos.

-       A falta de utilidade, adecuación ou validez da web ou dos seus servizos e contidos.

-       O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións de uso, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados, á moral ou á orde pública, da web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.

-       A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos á disposición dos usuarios na web.

 

9. Lexislación aplicable e Xurisdición

As presentes condicións de uso rexeranse pola lexislación española. Tierra de Preguntas S.L. e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puider corresponderlles, sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña.