CONDICIÓNS DE VENDA

Estes son os Termos e Condicións de Venda que regulan a relación contractual de adquisición de produtos que Terra de Preguntas S.L. ofrece na súa Tenda Online www.terradepreguntas.com.

Os Termos e Condicións de Venda descritos a continuación, rexen exclusivamente as relacións contractuais entre todo usuario da páxina Web de Terra de Preguntas (denominado en diante “Cliente”) e o vendedor que é a plataforma/tenda online terradepreguntas.com (denominada en diante “Terra de Preguntas” e “Nós”).

Enténdese por “contrato” a operación de compravenda que se instrumenta mediante este documento. Enténdese por “produto” a mercadoría obxecto de compra.

Daquela, o Usuario comprométese a ler atentamente as condicións de contratación cada vez que proceda á contratación dalgún produto, dado que as mesmas puideron ser obxecto de modificación desde a última vez que accedeu.

Mediante a aceptación das presentes Condicións Xerais de contratación o Usuario declara:

- Que é unha persoa con capacidade para contratar.

- Que leu e acepta as presentes condicións xerais de contratación.>

O Usuario terá acceso sempre e en todo caso, con carácter previo ao comezo do procedemento de compra de produtos, ás condicións de contratación, podendo ser almacenadas e/ou reproducidas nun soporte duradeiro.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais que o Cliente debe facilitarnos son indispensables para o envío dos pedidos e redacción de facturas. A ausencia destes datos implicará a anulación automática dos pedidos. Ao inscribirse na páxina, o Cliente comprométese a proporcionarnos datos persoais válidos, datos que permitan a prestación do servizo por parte de Terra de Preguntas e a correcta identificación do Cliente rexistrado, así como o envío de información e publicidade dos diferentes produtos e ofertas que Terra de Preguntas poida ter nas súas páxinas web.

O Usuario manifesta que todos os datos facilitados por el son certos e correctos, e comprométese a comunicarlle a Terra de Preguntas os cambios que se produzan nos mesmos. O Usuario ten dereito a opoñerse ao tratamento de calquera dos seus datos que non sexan imprescindibles para a celebración do contrato e á súa utilización para calquera finalidade distinta do mantemento da súa relación contractual.

Terra de Preguntas cumpre co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a normativa sobre Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, polo que adoptou os procedementos administrativos e técnicos necesarios para garantir a seguridade dos datos persoais que recompilamos.

No momento no que un cliente realiza un pedido, os seus datos persoais, domiciliarios e os relativos á súa forma de pago, son incorporados á nosa base de datos, utilizándose unicamente para tramitar o pedido e enviar información sobre ofertas e servizos das empresas do grupo que poidan resultar de interese aos nosos clientes. Terra de Preguntas asegura a confidencialidade dos datos achegados polos nosos clientes, xa que os datos persoais que se solicitan son sempre os estritamente necesarios.

Terra de Preguntas comprométese a non darlles outro uso que o acordado e a non cedelos nin vendelos a terceiros alleos ás empresas do grupo baixo ningún concepto. En calquera caso os clientes de Terra de Preguntas poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por escrito a pedidos@terradepreguntas.com

PROPIEDADE INTELECTUAL

Todos os contidos da tenda en liña de Terra de Preguntas (ilustracións, textos, denominacións, marcas propias, imaxes, vídeos) son propiedade de Terra de Preguntas. As marcas de terceiros son propiedade dos seus titulares. Toda reprodución parcial ou total do contido mediante calquera procedemento e en calquera soporte está suxeita a unha autorización previa e expresa de Terra de Preguntas ou dos titulares dos dereitos, no seu caso.

Terra de Preguntas non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos da páxina Web, sendo exclusiva responsabilidade do usuario que acceda aos mesmos ou os utilice.

Terra de Preguntas non asume responsabilidade algunha pola información contida en páxinas Web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns (links) ou buscadores das páxinas Web. A presenza de ligazóns (links) nas páxinas Web ten finalidade simplemente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos.

Todas as marcas, logotipos e anagramas mostrados neste sitio son propiedade de Terra de Preguntas ou de terceiras empresas. Non poderán utilizarse marcas, nomes comerciais, rótulos de establecementos, denominacións, logotipos, slogans ou calquera tipo de signo distintivo pertencente a Terra de Preguntas sen o permiso escrito de Terra de Preguntas ou da terceira empresa.

LIGAZÓNS CON TERCEIROS

Existe a posibilidade de compartir contidos ou calquera tipo de información a través de redes sociais ou outras aplicacións, quedando sometida dita actividade ás condicións de uso e rexistro expresamente establecidas por estas plataformas online, sen que Terra de Preguntas asuma ningunha responsabilidade directa ou indirecta polos contidos publicados nelas polos usuarios.

Terra de Preguntas declina toda responsabilidade que se derive do intercambio de información entre Usuarios a través da páxina Web. A responsabilidade da difusión de datos e das manifestacións difundidas nas súas páxinas Web, correspóndelle en todo caso a quen as realice.

MODIFICACIÓNS DAS MENCIÓNS LEGAIS

Terra de Preguntas resérvase o dereito a modificar as presentes Condicións sen que sexa requisito previo a aceptación expresa por parte do Usuario, entendéndose tacitamente aceptadas polo mesmo as modificacións introducidas no caso de que continúe accedendo á Páxina Web a partir da data de publicación das referidas modificacións. En caso contrario, o Usuario deberá cesar de forma inmediata no acceso e/ou utilización da Web.

NULIDADE DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula incluída nestas condicións fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz, tal nulidade afectará tan só á devandita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais as condicións.

ACCESO E NAVEGACIÓN

O acceso e navegación nesta website supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidas nela. Terra de Preguntas realiza os máximos esforzos para que a navegación se realice nas mellores condicións e evitar os prexuízos de calquera tipo que puidesen ocasionarse durante a mesma.

Esta website foi deseñada para soportar os navegadores máis utilizados (Explorer, Chrome, Firefox, Safari, Opera).

Terra de Preguntas non se fai responsable dos prexuízos, de calquera índole, que puidesen ocasionárselle aos usuarios pola utilización doutros navegadores ou versións distintas dos navegadores para os que foi deseñada a páxina web.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

As Condicións Xerais de Contratación aquí expostas están suxeitas á lexislación española. En caso de litixio sobre a interpretación, execución ou validez destas condicións xerais de venda, as partes contratantes sométense a os Xulgados e Tribunais da Coruña con expresa renuncia de calquera outro foro que puidese corresponderlles, asumindo a parte que incumpra o contrato os gastos xudiciais e extraxudiciais que se deriven da reclamación incluído os gastos de avogados, procuradores, etc.

PREZO E PRAZO DE VALIDEZ DA OFERTA

Os prezos que se indican respecto de cada produto inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou outros impostos que puidesen ser aplicables e en todo caso expresaranse na moeda Euro (€). Os devanditos prezos, salvo que se indique expresamente o contrario, non inclúen os gastos de envío, ou calquera outros servizos adicionais e anexos ao produto ou servizo adquirido. Para maior transparencia, o prezo de transporte engádese ao final do pedido, dependendo do peso e do destino.

Os prezos aplicables a cada produto serán os publicados no sitio web e aplicados de forma automática polo proceso de contratación na última fase do mesmo. O cliente asume que en todo caso a valoración económica dalgúns dos produtos poderá variar en tempo real. Terra de Preguntas resérvase o dereito de modificar os seus prezos en todo momento, pero os produtos facturaranse sobre a base das tarifas vixentes no momento en que se rexistre o pedido.

Para calquera información sobre o pedido, o cliente contará co teléfono de atención ao cliente de Terra de Preguntas 981 216 470, ou vía correo electrónico á dirección de e-mail pedidos@terradepreguntas.com En todo caso deberá indicarse no asunto da mensaxe ou ao teleoperador o número de pedido que lle foi asignado e indicado no correo electrónico de confirmación da compra.

 

PAGAMENTOS

Nesta tenda online dispón dos seguintes modalidades de pagamento:

- Tarxeta de crédito/débito

- Ingreso/Transferencia bancaria

- PayPal

Pagamento mediante tarxeta de crédito/débito:

A través de pasarela de pagamento segura poderá realizar as súas compras con total seguridade e confidencialidade.

www.terradepreguntas.com dispón dunha pasarela de pagamento integrada por Bankinter que permitirá que as súas compras se realicen nunha contorna segura. Aínda así Terra de Preguntas resérvase o dereito a rexeitar compras con tarxetas de crédito/débito que non lle parezan seguras.

Terra de Preguntas admite tarxetas de crédito VISA e MASTERCARD.

- Ademais, un posible rexeitamento da tarxeta de crédito pode deberse a:

- Non ter activada a súa tarxeta de crédito/débito para o CES (comercio electrónico seguro), para iso deberá facilitar o seu número de teléfono móbil á súa entidade bancaria, para que en cada operación lle remitan un código secreto por SMS que terá que introducir na plataforma virtual e así poder realizar a súa compra dunha forma aínda máis segura. Hai entidades bancarias que permiten até 3 compras por tarxeta sen estar activadas no CES.

- Superar o límite de compra da tarxeta.

- Exceder a data de caducidade da tarxeta de crédito.

- Introducir incorrectamente algún dos datos solicitados.

Terra de Preguntas garante a maior seguridade e confidencialidade nas compras na nosa tenda. Os datos referentes á súa tarxeta de crédito son encriptados usando o protocolo de seguridade SSL e transmitidos directamente á entidade financeira correspondente, que é a que acepta ou rexeita o pagamento. Desta maneira, a información transmitida pola rede goza dunha total seguridade e calidade. Terra de Preguntas non retén en ningún momento estes datos, polo que non pode nin visualizalos ni arquivalos.

Pagamento mediante ingreso/transferencia bancaria:

Se opta por esta modalidade de pagamento, unha vez seleccionada a mesma, vostede recibirá un email no que ademais de indicarlle os pasos a seguir, facilitaráselle o número de conta para o ingreso/transferencia do importe da súa compra.

Unha vez efectuado o pedido, dispón vostede de 3 días para realizar o ingreso/transferencia bancaria. Unha vez verifiquemos que se realizou o cargo no número de conta facilitado, pasaremos a confirmar o seu pedido.

O seu pedido será cancelado unha vez transcorridos 5 días sen que se faga efectivo o ingreso/transferencia.

O comprador deberá facerse cargo dos gastos da transferencia.

PayPal:

Igualmente poderá aboar as súas compras, enviar e recibir diñeiro sen compartir os datos da súa tarxeta ou conta bancaria, todo iso gratuitamente e unicamente creando a súa conta en www.paypal.com.

ENVÍOS

TRAMITACIÓN DE PEDIDOS

Os clientes poden realizar unha compra calquera día da semana a calquera hora do día, incluídos sábados, domingos e festivos a través da tenda online.

Os pedidos serán tramitados de luns a venres. Se o pedido é realizado antes das 13.30h do mediodía dun día laborable, dito pedido tramitarase o mesmo día. En caso contrario a orde de pedido tramitarase o seguinte día laborable.

Os pedidos realizados despois das 13.30h do mediodía do venres ou de véspera de festivo tramitaranse o seguinte día laborable.

Unha vez que o cliente obteña a confirmación de envío do seu pedido, recibirao en 48h-72h e sempre en horario comercial (en territorio peninsular). Os envíos a Ceuta, Melilla e países europeos, non se realizarán en frío e rexeranse por tarifas e tempos de entrega específicos.

Non se realizan envíos de pedidos nin sábados nin festivos.

Así mesmo, Terra de Preguntas resérvase o dereito de anular calquera pedido realizado por un cliente, procedendo ao reembolso íntegro da contía do mesmo.

A entrega dos pedidos realizarase no domicilio de entrega designado libremente polo usuario. De tal forma, Terra de Preguntas non asume responsabilidade algunha cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse como consecuencia de que os datos facilitados polo usuario sexan falsos, inexactos ou incompletos, ou cando a entrega non poida efectuarse por causas alleas á empresa de envíos asignada para tal efecto, como é a ausencia do destinatario.

Sen prexuízo do anterior, Terra de Preguntas deberá adoptar as medidas esixidas a un comerciante dilixente para que a entrega poida efectuarse no tempo acordado, e de non ser así, canto antes, á satisfacción do remitente e do destinatario, polo que non poderá imputarse responsabilidade algunha en contra de Terra de Preguntas.

Tan pronto como o pedido saia de Terra de Preguntas, enviarase un correo electrónico para confirmar o envío. Co fin de optimizar a entrega, ademais de indicarnos a dirección onde debe ser entregado o pedido, necesitamos tamén un teléfono de contacto para solucionar calquera contratempo que puidese xurdir durante o reparto.

Inclúe 2 intentos de entrega. Se o destinatario está ausente déixaselle un aviso (a condición de que o acceso fose posible), cos datos da oficina onde poderá recoller o envío e nun prazo de 15 días o envío será devolto a orixe. Se o destinatario non se acudiu na oficina para recoller o envío ou a dirección é incorrecta ou incompleta, pasado un prazo de 15 días o envío será devolto a orixe.

No momento en que reciba o seu paquete, debe:

- Comprobar a conformidade da mercadoría recibida no momento da entrega.

- Sinalar calquera anomalía no albará de entrega, facendo constar as súas reservas e incluíndo a súa firma.

Será requisito necesario para proceder á entrega da mercadoría a firma do pedido do destinatario.

En caso de incumprimento do prazo de entrega contractualmente pactado, a indemnización a aboar consistirá na devolución dos portes satisfeitos polo cliente. Non se considerará incumprimento do prazo de entrega aqueles causados por ausencia do destinatario, cambio do domicilio ou dirección descoñecidas, entregas fóra de prazo en segundo intento de entrega, causas de forza maior ou caso fortuíto ou outras non imputables á axencia de transporte. No caso de que o pedido sexa rexeitado polo destinatario ou o destinatario estea ausente, Terra de Preguntas non asume ningunha responsabilidade e resérvase o dereito de cobrarlle ao cliente o 100% do valor do pedido.

TARIFAS TRANSPORTE

Realizamos todos os nosos pedidos a través da empresa MRW.

As TARIFAS DE ENVÍO van desde 5,95€ dependendo do destino e peso do pedido.

As presentes condicións serán de aplicación para os envíos contratados en defecto de pactos ou condicións específicas derivadas da singularidade de cada produto ou servizo.

Os gastos de envío serán gratuítos para pedidos superiores a 50 € en mercadoría, IVE incluído, só para envíos dentro de España peninsular.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

De maneira xeral, para que poida tramitarse calquera cambio ou devolución é imprescindible que previamente o cliente contacte con nós. Non poderá aceptarse ningún cambio ou devolución se previamente non se recibiu notificación.

Existe un prazo de 14 días naturais para devolucións, contando a partir do día seguinte á recepción do pedido.

Para a devolución debe empaquetarse o artigo de maneira segura e incluír dentro do paquete o número de pedido, nome e dirección completa, xunto co recibo ou xustificante de envío.

Por razóns de seguridade alimentaria, os produtos que necesiten refrixeración (queixos, roxóns e chourizos),  non poderán ser devoltos salvo en caso de produtos danados, defectuosos ou incorrectos.

Produto danado durante o envío, defectuoso ou incorrecto:

É importante que o cliente verifique  o estado da súa compra no mesmo momento da recepción. Se no momento da entrega se apreciase de forma visible e clara, sen necesidade de manipular as embalaxes de envío ou os propios do produto, que un produto ten defectos provocados por danos no transporte ou se aprecia, na mesma forma, un erro na mercadoría recibida, o cliente deberá:

- Indicalo no albará de entrega ao firmalo. Segundo a normativa do transportista: O ALBARÁ de entrega é o xustificante do estado da mercadoría. O consignatario está obrigado a facer constar a entrega se o envío presenta danos e se a expedición está completa. Polo tanto, non se admiten reclamacións se non consta nos albarás de entrega.

-Comunicalo no transcurso das 48 horas seguintes á recepción do pedido ao email pedidos@terradepreguntas.com indicándonos claramente cal é o problema ou a razón da devolución e achegando unha fotografía do produto deteriorado.

Se un ou máis produtos chegaron deteriorados a causa do transporte, ou non corresponden co pedido realizado, enviaremos un produto novo ou reembolsaremos o importe pola mesma vía na que se efectuou o pagamento. Terra de Preguntas correrá con todos os gastos de transporte extra que poidan orixinarse, sempre que o produto non fose utilizado, alterado ou manipulado.

Para a devolución, debe empaquetarse o artigo de maneira segura e incluír dentro do paquete o número de pedido, nome e dirección completa e mais o recibo ou xustificante de envío. Calquera produto enviado de volta é responsabilidade do usuario ata que chega ao noso almacén.

Os provedores de transporte non permiten a devolución da mercadoría se o cliente a abre na súa presenza, pero pode revisar a caixa desde o exterior e se detecta que a caixa está húmida ou notablemente deteriorada, non se deberá aceptar o pedido. O noso provedor de transporte notificaranos a incidencia e automaticamente mandaremos un novo envío sen custo ningún.

Devolución por causas alleas a Terra de Preguntas:

Se  o cliente non queda satisfeito cos produtos adquiridos en Terra de Preguntas S.L., aínda que se atopen en bo estado, poderá devolvelos igualmente nun prazo non superior a 14 días naturais, contados estes a partir da recepción do produto, excepto en produtos frescos que necesitan refrixeración (embutidos e queixos),  dado que a propia natureza do ben adquirido non o permite. Os produtos deben ser devoltos na súa embalaxe orixinal e en perfectas condicións.

As devolucións deberán ser enviadas xunto co albará de entrega. E a devolución do importe efectuarase mediante aboamento.

No entanto, debe terse en conta que os gastos de transporte da devolución correrán por conta do cliente así como os gastos bancarios xerados a conta desta transacción.

Para calquera outra posible incidencia ou reclamación, recomendámoslle que se poña en contacto co noso departamento de atención ao cliente +34 981 216 470 durante o horario de atención telefónica.

Temos follas de reclamacións a disposición do consumidor.

Gastos de envío da devolución:

Se a devolución  se produce por mor de que o envío é defectuoso, chega en mal estado ou non se corresponde co produto solicitado, Terra de Preguntas correrá con todos os gastos da devolución.

Se a devolución se realiza por calquera outro motivo, non imputable á xestión de Terra de Preguntas, o cliente asumirá os gastos da devolución. Para realizar a devolución o cliente ten dúas vías: devolver o produto cun transportista da súa elección, ou ben optar pola recollida en domicilio por parte do transportista de Terra de Preguntas, que descontará o importe da devolución da cantidade a reembolsar.

Queixas e Reclamacións:

Se o cliente non está satisfeito co método que aplicamos para xestionar a súa devolución ou substitución de calquera produto, estaremos encantados de buscar solucións alternativas para resolver calquera incidente, agradecendo o contacto directo co noso equipo de Atención ao Cliente a través das seguintes vías:

pedidos@terradepreguntas.com

Teléfono: 981 216 470