Mañá empezamos no ximnasio?
¿Mañana empezamos en el gimnasio?

Roxóns estilo Lugo

9332117

EUR 9,95 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Estes roxóns o estilo da provincia de Lugo, preséntanse prensados, conseguindo así, unha textura especial que concentra un increíble sabor en formato de delicioso friame. A tradicional matanza que se realiza nas vilas e aldeas do interior da provincia de Lugo é a base do saber facer destes roxóns. Elaborados a partir de porcos de primeira calidade, alimentados a base de cereais e castañas.

Para a súa confección selecciónanse meticulosamente pezas como cortizas, touciño ou touciño entrefebrado, entre outras. Estas fúndense lentamente durante varias horas ata conseguir unha textura uniforme; a continuación condiméntanse, logrando así a súa característica cor dourada. Finalmente, prénsans como é típico nesta zona de Lugo.

Este produto está libre de aditivos e colorantes.

Ingredientes
Cortizas, touciño entrefebrado e touciño porcino, sal, cebola e mazá

Características
Peso aproximado 800 g
Conservar entre 0ºC e 4ºC

Información nutricional
(Valores medios por 100 g)

Valor enerxético: 317 kcal / 1323 kJ
Graxas: 8 g
das cales saturadas: 2,6 g
Hidratos de carbono: 0,6 g
dos cales azucres: <0,1 g
Proteínas: 32,4 g
Sal: 2,35 g