Contenido del pack

Ingredientes
Mexillón 61% e salsa escabeche 39% (aceite de oliva 68%, vinagre de vino 22%, cebola, allo, sal e mezcla de especias)

Características
4/6 pezas
Tamaño: xigantes
Capacidad: 120 ml
Peso neto: 115 g
Peso neto escorrido: 70 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto consumir en 24h, conservando o produto no frigorífico

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 168 kcal / 714 kJ
Graxas: 8,7 g
das cales saturadas: 1,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 20,1 g
Sal: 1,6 g


Excelentes mexillóns xigantes procedentes da Ría de Muros-Noia, onde foron criados de forma artesanal esperando pacientemente ao tempo de maduración óptimo para conseguir este extraordinario tamaño. Recolleitos e seleccionados a man, son posteriormente lavados en auga de mar para sometelos despois a cocción. Unha vez terminado este proceso, aplícase a receita tradicional de salsa escabeche que actúa de cobertura procedendo a marinar o mexillón con ingredientes naturais como o aceite de oliva, vinagre, cebola, allo e outras especias, que impregnan o mexillón outorgándolle ese sabor tan característico, creando unha das maiores delicias de conservas gourmet.

Denominación de Orixe: Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés
Variedade de uva: Albariño 100%
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Unha pequena adega familiar, apenas 2 hectáreas de viñedos, unhas cepas centenarias e moito saber facer. Iso é todo o que se precisa para crear un grande albariño.

Enmarcado dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, este branco elabórase a partir dunhas cepas propias, cultivadas con dedicación nunha zona privilexiada do Val do Salnés e cunha mestura de viticultura tradicional con notas enolóxicas máis modernas.

O resultado é un viño elaborado por «artesáns do Albariño», mais cun carácter diferenciado e sofisticado.

Denominación de Orixe: D.O. Valdeorras
Variedade de uva: Godello
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Elaborado a partir de uva Godello 100%, uva autóctona de Galicia, da zona de Valdeorras. Unha uva de acios pequenos, prietos e densos de forma ovoide, dunha intensa cor verde. Trátase dun viño moi fino e delicado, cunha cor amarela pajizo que presenta reflexos verdosos, limpo e brillante, con notas de froita madura. Un viño exclusivo, con estrutura e intensidade, e á vez froiteira e persistente.

Ingredientes 
Navallas, auga e sal

Características 
Peso Neto: 115 g 
Peso Escorrido: 65 g 
Conservar en lugar fresco e seco 
Unha vez aberto, consumir en 24 h conservando o produto no frigorífico

Información nutricional 
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 96 kcal / 408 kJ 
Graxas: 1,6 g
das cales saturadas: 0,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 18,1 g
Sal: 1,6 g


As navallas de Terra de Preguntas son capturadas na Ría de Arousa, un hábitat ideal para o crecemento deste molusco. Para buscar a excelencia, débense seleccionar bancos de cría que combinen unha salinidade perfecta das súas augas, impresionantes areais e o abeiro natural fronte ás inclemencias do mar.

Para o seu envasado utilízanse métodos artesanais, depurándoas e cocéndoas ó vapor; a continuación lávanse con auga salgada morna para potenciar o seu sabor. Empácanse e, acto seguido, engádeselles o líquido de cobertura: auga natural quente da cocción da propia navalla. Despois, escónchanse coidadosamente de forma manual unha a unha. Así conséguese que as pezas non rompan e que se poidan envasar enteiras. Finalmente, cóbrense con auga natural para a súa conservación, obtendo unha conserva de máxima calidade e intenso sabor.

Produto de tempada. Dispoñibilidade limitada.

Ingredientes
Lombos de bacallau, fabas galegas, aceite de oliva, allo, pemento, vinagre, auga e sal

Características 
Peso neto: 190 g 
Peso bruto: 370 g 

Información nutricional
(Valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético: 1102 kcal / 265 kJ
Graxas totais: 19 g
das cales saturadas: 3 g
Hidratos de carbono: 11,7 g
dos cales azucres: >0,10 g
Proteínas: 11,6 g
Sal: 0,44 g


Preparado gourmet elaborado a partir dunha receita tradicional da cociña galega.

Para a súa realización selecciónanse os exquisitos lombos de bacallau procedentes do Atlántico e desálganse durante uns días para logo cocelos delicadamente e retirarlles as espiñas.

Estes lombos serán acompañados coas fabas máis distinguidas de Galicia, procedentes de San Tomé de Lourenzá (Lugo), que contan co recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida.

As leguminosas producidas na Mariña lucense presentan unha calidade culinaria excepcional. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, obtense unha faba de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un característico sabor.

Estas fabas sométense a unha pre-cocción para que adquiran a textura axeitada. O mollo, elaborado a base de aceite de oliva, allo, pemento, vinagre e sal, acompaña e potencia todo o sabor do produto.

O envasado realízase totalmente a man; así conséguese manter enteiros os lombos de bacallau e conservar todo o seu sabor. Trátase dunha receita elaborada de forma totalmente artesanal, libre de conservantes e colorantes.

Ingredientes
Ventrecha de atún claro 65,2%, aceite de oliva virxe extra 34,8% e sal

Características
Peso Neto: 115 g
Peso Escorrido: 81 g
Conservar en lugar fresco y seco
Unha vez aberto, consumir en 24 h conservando o produto no frigorífico

Información Nutricional:
(Valores medidos por cada 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 230 kcal / 978 kJ
Graxas: 14 g
das cales saturadas: 2,2 g
Hidratos de carbono: 0,1 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 26 g
Sal: 1,3 g


Excelente ventrecha, obtida de bonitos das zonas do Atlántico mediante artes tradicionais de pesca. Capturados só en campaña (non conxelados). O seu gran sabor e suave textura fan destas pezas unhas das máis apreciadas do atún.

Para a súa elaboración é determinante que o proceso se realice manualmente. O saber facer ao longo dos anos dun lugar como a Illa de Arousa conseguiu desenvolver un proceso de elaboración artesanal propio que lle dá a esta ventrecha un sabor único.

 Neste proceso vanse cocendo en pequenas cantidades para non estragar as pezas, que posteriormente son limpadas a man. Finalmente, sepáranse as finas láminas unha a unha e límpanse delicadamente antes de seren empacadas, conseguindo que teñan un tamaño uniforme. Como cobertura,  utilízase aceite de oliva virxe extra, potenciando o sabor dun produto xa de seu excepcional.

A continuación, procédese ao peche e esterilización das latas, procesos controlados rigorosamente que garanten a calidade e conservación do produto durante anos sen adición de conservantes artificiais.

 Produto de tempada. Dispoñibilidade limitada.

Ingredientes
Sardiñas da Ría de Arousa, aceite de oliva e sal

Características
Peso neto: 170 g
Peso escorrido: 119 g

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 212 kcal / 884 kJ
Graxas: 13,0 g
das cales saturadas: 3,0 g
Hidratos de carbono: 0,0 g
dos cales azucres: 0,0 g
Proteínas: 21,0 g
Sal: 1,0 g


Pescadas na costa galega (Ría de Arousa) de forma totalmente artesanal. Para que non perdan as súas propiedades únicas e o seu sabor, son elaboradas o mesmo día que chegan ao porto, seguindo unha técnica tradicional que pasou de xeración en xeración durante 50 anos.

Envólvense en sal así que son recepcionadas para, a continuación, recibiren un baño de salmoira. Posteriormente, de forma lenta e coidadosa, límpanse e sométense a un proceso de tostado. Por último, con moita delicadeza, córtanse, envásanse a man e engádeselles aceite de oliva para que conserven o seu sabor e textura. Gárdanse en adega durante polo menos 6 meses para a perfecta conxugación de sabores entre a sardiña e o aceite.