Contenido del pack

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Viño tinto pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra e producido concretamente nos viñedos centenarios da zona de Amandi, a máis recoñecida da Ribeira Sacra.

Elaborado a partir da uva mencía, este viño cultívase desde hai cinco xeracións na adega situada en Sober, nas ladeiras do Sil. O esgrevio terreo nos canóns do río deu lugar ao que se chama «viticultura heroica», que se vén realizando dende a época dos romanos, grandes amantes deste viño.

Dende aquela e ata a actualidade elabóranse viños de gran calidade debido á coidadosa, especial e artesanal selección da materia prima.

A dificultade desta zona tradúcese en producións limitadas, pero de excelente calidade, que lle achegan ao viño unha acidez equilibrada grazas á combinación de horas de sol e choivas da zona, proporcionándolle unha maior intensidade aromática e o seu característico vermello cereixa e reflexos violetas.

A vendima realízase de forma manual, en caixas de pouca capacidade, para que as uvas cheguen intactas á adega, onde se escolman a man.

O milagre é obter pequenas producións destes viños exclusivos nos que predomina a fructosidade e limpeza de aromas.

Denominación de Orixe: D.O. Valdeorras
Variedade de uva: Godello
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Elaborado a partir de uva Godello 100%, uva autóctona de Galicia, da zona de Valdeorras. Unha uva de acios pequenos, prietos e densos de forma ovoide, dunha intensa cor verde. Trátase dun viño moi fino e delicado, cunha cor amarela pajizo que presenta reflexos verdosos, limpo e brillante, con notas de froita madura. Un viño exclusivo, con estrutura e intensidade, e á vez froiteira e persistente.

Ingredientes
Magro porcino, pemento, sal, allo e tripa natural

Características
Peso aproximado 400 g
Conservar en lugar fresco e seco
Envasado en atmósfera protectora

Información nutricional
(Valores medios por 100 g de produto)

Valor enerxético: 282 kcal / 1176 kJ
Graxas: 19 g
das cales saturadas: 7,4 g
Hidratos de carbono: 1,5 g
dos cales azucres: 1,5 g
Proteínas: 6,3 g
Sal: 3,05 g


O saber facer que durante anos se foi acumulando nas tradicionais matanzas das aldeas e vilas galegas vese reflectido nestes chourizos elaborados na provincia de Lugo a partir de porcos de primeira calidade alimentados a base de cereais e castañas.

Unha vez seleccionada, a carne é adubada cun combinado de especias, onde destaca o pemento, que lle confire esa cor vermella característica. Embútese en tripa natural de porco e cúrase ao fume, de forma tradicional, proporcionándolle así un sabor característico que equilibra perfectamente o picante propio do produto. Ideal para servir tanto en cru coma en cocido ou á brasa, resulta unha peza de exquisito sabor, moi celmosa, de agradable textura e sen sensación graxa.

Este produto está libre de colorantes e aditivos.

Ingredientes 
Navallas, auga e sal

Características 
Peso Neto: 115 g 
Peso Escorrido: 65 g 
Conservar en lugar fresco e seco 
Unha vez aberto, consumir en 24 h conservando o produto no frigorífico

Información nutricional 
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 96 kcal / 408 kJ 
Graxas: 1,6 g
das cales saturadas: 0,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 18,1 g
Sal: 1,6 g


As navallas de Terra de Preguntas son capturadas na Ría de Arousa, un hábitat ideal para o crecemento deste molusco. Para buscar a excelencia, débense seleccionar bancos de cría que combinen unha salinidade perfecta das súas augas, impresionantes areais e o abeiro natural fronte ás inclemencias do mar.

Para o seu envasado utilízanse métodos artesanais, depurándoas e cocéndoas ó vapor; a continuación lávanse con auga salgada morna para potenciar o seu sabor. Empácanse e, acto seguido, engádeselles o líquido de cobertura: auga natural quente da cocción da propia navalla. Despois, escónchanse coidadosamente de forma manual unha a unha. Así conséguese que as pezas non rompan e que se poidan envasar enteiras. Finalmente, cóbrense con auga natural para a súa conservación, obtendo unha conserva de máxima calidade e intenso sabor.

Produto de tempada. Dispoñibilidade limitada.

Ingredientes
Lombos de bacallau, fabas galegas, aceite de oliva, allo, pemento, vinagre, auga e sal

Características 
Peso neto: 190 g 
Peso bruto: 370 g 

Información nutricional
(Valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético: 1102 kcal / 265 kJ
Graxas totais: 19 g
das cales saturadas: 3 g
Hidratos de carbono: 11,7 g
dos cales azucres: >0,10 g
Proteínas: 11,6 g
Sal: 0,44 g


Preparado gourmet elaborado a partir dunha receita tradicional da cociña galega.

Para a súa realización selecciónanse os exquisitos lombos de bacallau procedentes do Atlántico e desálganse durante uns días para logo cocelos delicadamente e retirarlles as espiñas.

Estes lombos serán acompañados coas fabas máis distinguidas de Galicia, procedentes de San Tomé de Lourenzá (Lugo), que contan co recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida.

As leguminosas producidas na Mariña lucense presentan unha calidade culinaria excepcional. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, obtense unha faba de pel fina e polpa tenra, cunha agradable textura e un característico sabor.

Estas fabas sométense a unha pre-cocción para que adquiran a textura axeitada. O mollo, elaborado a base de aceite de oliva, allo, pemento, vinagre e sal, acompaña e potencia todo o sabor do produto.

O envasado realízase totalmente a man; así conséguese manter enteiros os lombos de bacallau e conservar todo o seu sabor. Trátase dunha receita elaborada de forma totalmente artesanal, libre de conservantes e colorantes.