Pack 09: Quedouche algo polo camiño?

EUR 55,00

-EUR 0,25

EUR 55,25

Uno de los productos ya no está disponible. Este pack no puede comprarse

Contenido del pack

Características
Peso aproximado 1.000 g
Queso San Simón da Costa afumado con leña de bidueiro

Ingredientes
Leite pasteurizada de vaca, fermentos lácteos, conservante (E-252), isozima (E- 1105) procedente do ovo, callo, cloruro cálcico (E- 509) e sal

Información nutricional
(Valores medios en 100 g de produto)

Valor enerxético: 318 kcal / 100 g
Proteína: 23 g
Hidratos de carbono: 0,1 g
dos cales azucres 0,1 g
Graxas: 28,1 g
das cales saturadas: 20,5 g
Calcio: 638 mg
Fibra: 0,0 g
Sal: 1,0 g


O queixo de vaca San Simón da Costa é un queixo de textura suave ó corte e pasta semidura, que posúe un sabor exclusivo e diferencial.

Elaborado na provincia de Lugo a partir de leite de vaca das razas frisoa, parda-alpina e rubia galega, este queixo, acollido á Denominación de Orixe San Simón da Costa, goza dunha intensa tradición en Galicia. Na comarca de Terra Chá é onde se elaboran estes característicos queixos baixo unha receita tradicional a partir das mellores materias primas.

Ademais da excelente materia prima da que parte, a característica principal deste queixo é que se afuma con madeira autóctona de bidueiro dos bosques galegos e se somete a 200 días de curación, a diferenza do resto de queixos, o que resalta aínda máis o seu sabor e aroma tan particulares.

Premios concedidos ao D.O. San Simón da Costa:

-Premio outorgado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) ao Mellor Queixo de España de pasta prensada de vaca (2013).

-Medalla de bronce no World Cheese Awards 2013.

-Distinción de ouro na XVI Cata dos Queixos de Galicia (2013).

Ingredientes
Sardiñas, aceite de oliva, fume natural e sal

Características
Peso neto: 170 g
Peso escorrido: 120 g

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 212 Kcal / 884 kJ
Graxas: 13,0 g
das cales saturadas: 3,0 g
Hidratos de carbono: 0,0 g
dos cales azucres: 0,0 g
Proteínas: 21,0 g
Sal: 1,0 g


Sardiñas cun toque afumado, capturadas de forma sustentable e elaboradas de forma artesanal na Ría de Arousa.

Sométense a un proceso de salmoira seguindo unha técnica tradicional. Posteriormente, de forma lenta e coidadosa, límpanse de forma precisa e pasan por unha fase de tostado. Deseguido, afúmanse con madeira de faia a baixa temperatura durante máis dun día. Deste xeito a sardiña colle todos os matices da madeira e ese sabor tan característico.

Finalmente, envásanse manualmente, cortándoas unha a unha, engádeselles aceite de oliva, para que conserven todo o seu sabor e textura, e gárdanse en adega durante un tempo para que repousen e se conxugue o sabor da sardiña co do aceite e o toque afumado.

Ingredientes
Magro porcino, pemento, sal, allo e tripa natural

Características
Peso aproximado 400 g
Conservar en lugar fresco e seco
Envasado en atmósfera protectora

Información nutricional
(Valores medios por 100 g de produto)

Valor enerxético: 282 kcal / 1176 kJ
Graxas: 19 g
das cales saturadas: 7,4 g
Hidratos de carbono: 1,5 g
dos cales azucres: 1,5 g
Proteínas: 6,3 g
Sal: 3,05 g


O saber facer que durante anos se foi acumulando nas tradicionais matanzas das aldeas e vilas galegas vese reflectido nestes chourizos elaborados na provincia de Lugo a partir de porcos de primeira calidade alimentados a base de cereais e castañas.

Unha vez seleccionada, a carne é adubada cun combinado de especias, onde destaca o pemento, que lle confire esa cor vermella característica. Embútese en tripa natural de porco e cúrase ao fume, de forma tradicional, proporcionándolle así un sabor característico que equilibra perfectamente o picante propio do produto. Ideal para servir tanto en cru coma en cocido ou á brasa, resulta unha peza de exquisito sabor, moi celmosa, de agradable textura e sen sensación graxa.

Este produto está libre de colorantes e aditivos.

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Viño tinto pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra e producido concretamente nos viñedos centenarios da zona de Amandi, a máis recoñecida da Ribeira Sacra.

Elaborado a partir da uva mencía, este viño cultívase desde hai cinco xeracións na adega situada en Sober, nas ladeiras do Sil. O esgrevio terreo nos canóns do río deu lugar ao que se chama «viticultura heroica», que se vén realizando dende a época dos romanos, grandes amantes deste viño.

Dende aquela e ata a actualidade elabóranse viños de gran calidade debido á coidadosa, especial e artesanal selección da materia prima.

A dificultade desta zona tradúcese en producións limitadas, pero de excelente calidade, que lle achegan ao viño unha acidez equilibrada grazas á combinación de horas de sol e choivas da zona, proporcionándolle unha maior intensidade aromática e o seu característico vermello cereixa e reflexos violetas.

A vendima realízase de forma manual, en caixas de pouca capacidade, para que as uvas cheguen intactas á adega, onde se escolman a man.

O milagre é obter pequenas producións destes viños exclusivos nos que predomina a fructosidade e limpeza de aromas.

Ingredientes
Sardiñas, aceite de oliva e sal

Características
Peso neto: 170 g
Peso escorrido: 120 g

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 212 kcal / 884 kJ
Graxas: 13,0 g
das cales saturadas: 3,0 g
Hidratos de carbono: 0,0 g
dos cales azucres: 0,0 g
Proteínas: 21,0 g
Sal: 1,0 g


Excelentes sardiñas capturadas de forma sustentable e elaboradas de forma artesanal na Ría de Arousa.

Sométense a un proceso de salmoira seguindo unha técnica tradicional. Posteriormente, de forma lenta e coidadosa, límpanse e pasan por unha fase de tostado para envasalas de forma manual, cortándoas unha a unha, e maceralas en aceite de oliva, conservando así todo o seu sabor e textura.

Finalmente, gárdanse en adega durante un tempo para que repousen, absorban o aceite e éste se impregne do sabor das sardiñas, chegando así a una conxunción perfecta.