Pack 08: Tan malo é que te unten?

EUR 20,00

-EUR 2,60

EUR 22,60

Contenido del pack

Ingredientes
Mel: 96%
Xelea Real: 4 %

Características
Peso neto: 500 g
Conservar en lugar fresco y seco

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto)

Valor enerxético: 320 kcal / 1340 kJ
Graxas: 0,2 g
das cales saturadas: 0 g
Hidratos de carbono: 82 g
dos cales azucres: 65 g
Proteínas: 1 g
Sal: 0,03 g


Este incrible mel procede dunha variedade de flores de especies galegas, o que lle confire un sabor doce e forte, que termina nun delicado final floral.

Ademais das incribles propiedades que proporciona o mel, este produto foi enriquecido con Xelea Real, o que o converte nun produto de excelentes calidades enerxéticas e nutritivas; un potente revitalizante para persoas de calquera idade.

Unha fórmula ideal para tomar este produto cun sabor irresistible.

Ingredientes
Arándanos e azucre

Características
Peso neto: 90 g
Peso bruto: 100 g
Sen gluten

Información nutricional
Valor Enerxético: 151 kcal / 100 g
Graxa: 0,41 %
Hidratos de carbono: 36,03 %
Proteínas: 0,73 %
Sal: 0,002 %


Un produto único elaborado a base de arandos silvestres recolleitos un a un co maior agarimo nos Soutos Centenarios de Santa Eufemia do Courel, onde se produce esta marmelada seguindo os procesos de elaboración ancestrais, de forma totalmente natural e sen empregar ningún tipo de conservantes.

A Serra do Courel constitúe un recanto natural galego, de beleza e valor paisaxístico incalculable, que conta cunha vexetación moi rica onde podemos atopar todo tipo de produtos silvestres, entre os que se encontran os arandos. A riqueza desta zona neste tipo de produto é a que lle dá valor a esta marmelada e a que a converte nun produto exclusivo. Produto de temporada.

Dispoñibilidade limitada por produción.

Ingredientes
Castañas*, azucre*, e auga
*de produción ecolóxica

Características
Peso neto: 100 g
Peso bruto: 204 g

Valor nutricional:
Valor enerxético: 133 kcal / 100 g
Graxas: 0,65%
Hidratos de carbono: 30,56%
Proteínas: 1,31%
Sal: 0,003%


Cun dos produtos máis selectos de Galicia, a castaña, elabórase esta crema de castañas ecolóxicas cun sabor que te transporta directamente aos bosques galegos dos que procede: a Serra do Courel.

Esta serra constitúe un recanto natural galego de beleza e valor paisaxístico incalculables. Conta cunha vexetación moi rica, onde podemos atopar montes de castiñeiros arrodeando os vales. É aquí onde se recolle a materia prima.

As castañas son conservadas en area ata o momento da súa elaboración para que concentren azucres, o que realza o seu particular sabor.

Unha elaboración ecolóxica, recoñecida co selo de Agricultura Ecolóxica, que trata co maior respeto a contorna que a rodea e onde a produción se realiza de forma totalmente artesanal, como se facía outrora, conservando as castañas en area ata o momento da súa produción e sen empregar insecticidas nin conservantes.

Produto de temporada. Dispoñibilidade limitada por produción.