Pack 06: Vino por viño?

EUR 33,00

-EUR 2,07

EUR 35,07

Contenido del pack

Denominación de Orixe: Ribeiro
Subzona: Beade
Variedade de uva: Treixadura 80%, Godello 20%
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


As ribeiras do río Avia, afluente do río Miño, ao seu paso polo concello de Beade (Ourense), crean un microclima único para a elaboración do viño. O río atenúa as xeadas invernais e a intensa calor do verán. As súas marxes de rocha granítica e as súas revoltas con múltiples orientacións complementan a ecuación perfecta para crear un gran viño.

Neste enclave, feito para a viticultura, atópase unha pequena adega familiar. Dende hai varias xeracións, a partir de uva Treixadura (80%) e Godello (20%), elabora este excelente branco Denominación de Orixe Ribeiro. Unha elaboración case artesanal, que consegue un viño moi sólido, cun padal equilibrado e unhas sensacións de finura e delicadeza.

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Viño tinto pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra e producido concretamente nos viñedos centenarios da zona de Amandi, a máis recoñecida da Ribeira Sacra.

Elaborado a partir da uva mencía, este viño cultívase desde hai cinco xeracións na adega situada en Sober, nas ladeiras do Sil. O esgrevio terreo nos canóns do río deu lugar ao que se chama «viticultura heroica», que se vén realizando dende a época dos romanos, grandes amantes deste viño.

Dende aquela e ata a actualidade elabóranse viños de gran calidade debido á coidadosa, especial e artesanal selección da materia prima.

A dificultade desta zona tradúcese en producións limitadas, pero de excelente calidade, que lle achegan ao viño unha acidez equilibrada grazas á combinación de horas de sol e choivas da zona, proporcionándolle unha maior intensidade aromática e o seu característico vermello cereixa e reflexos violetas.

A vendima realízase de forma manual, en caixas de pouca capacidade, para que as uvas cheguen intactas á adega, onde se escolman a man.

O milagre é obter pequenas producións destes viños exclusivos nos que predomina a fructosidade e limpeza de aromas.

Denominación de Orixe: D.O. Valdeorras
Variedade de uva: Godello
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl


Elaborado a partir de uva Godello 100%, uva autóctona de Galicia, da zona de Valdeorras. Unha uva de acios pequenos, prietos e densos de forma ovoide, dunha intensa cor verde. Trátase dun viño moi fino e delicado, cunha cor amarela pajizo que presenta reflexos verdosos, limpo e brillante, con notas de froita madura. Un viño exclusivo, con estrutura e intensidade, e á vez froiteira e persistente.