A teoría da relatividade era galega?
¿La teoría de la relatividad era gallega?

Viño D.O. Ribeira Sacra Mencía Amandi 2016

9311129

EUR 10,95 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Viño tinto pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra e producido concretamente nos viñedos centenarios da zona de Amandi, a máis recoñecida da Ribeira Sacra.

Elaborado a partir da uva mencía, este viño cultívase desde hai cinco xeracións na adega situada en Sober, nas ladeiras do Sil. O esgrevio terreo nos canóns do río deu lugar ao que se chama «viticultura heroica», que se vén realizando dende a época dos romanos, grandes amantes deste viño.

Dende aquela e ata a actualidade elabóranse viños de gran calidade debido á coidadosa, especial e artesanal selección da materia prima.

A dificultade desta zona tradúcese en producións limitadas, pero de excelente calidade, que lle achegan ao viño unha acidez equilibrada grazas á combinación de horas de sol e choivas da zona, proporcionándolle unha maior intensidade aromática e o seu característico vermello cereixa e reflexos violetas.

A vendima realízase de forma manual, en caixas de pouca capacidade, para que as uvas cheguen intactas á adega, onde se escolman a man.

O milagre é obter pequenas producións destes viños exclusivos nos que predomina a fructosidade e limpeza de aromas.

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl

  • Todo bo chourizo debería estar entre reixas?
    ¿Todo buen chorizo debería estar entre rejas?
    EUR 8,50 En Stock
    EUR 8,50

    IngredientesMagro porcino, pemento, sal, allo e tripa natural Características Peso aproximado 400 g Conservar en lugar fresco e seco Envasado en atmósfera protectora Información nutricional(Valores medios por 100 g de produto) Valor enerxético: 282 kcal / 1176 kJ Graxas: 19 gdas cales saturadas: 7,4 g Hidratos de carbono: 1,5 gdos cales azucres: 1,5 g...

    En Stock
  • Mañá empezamos no ximnasio?
    ¿Mañana empezamos en el gimnasio?
    EUR 9,95 En Stock
    EUR 9,95

    Ingredientes Cortizas, touciño entrefebrado e touciño porcino, sal, cebola e mazá CaracterísticasPeso aproximado 800 gConservar entre 0ºC e 4ºC Información nutricional (Valores medios por 100 g)Valor enerxético: 317 kcal / 1323 kJ Graxas: 8 gdas cales saturadas: 2,6 g Hidratos de carbono: 0,6 gdos cales azucres: <0,1 g Proteínas: 32,4 g Sal: 2,35 g

    En Stock