A teoría da relatividade era galega?
¿La teoría de la relatividad era gallega?

Viño D.O. Ribeira Sacra Mencía Amandi 2020

9371437

EUR 11,50 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Viño tinto pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra e producido concretamente nos viñedos centenarios da zona de Amandi, a máis recoñecida da Ribeira Sacra.

Elaborado a partir da uva mencía, este viño cultívase desde hai cinco xeracións na adega situada en Sober, nas ladeiras do Sil. O esgrevio terreo nos canóns do río deu lugar ao que se chama «viticultura heroica», que se vén realizando dende a época dos romanos, grandes amantes deste viño.

Dende aquela e ata a actualidade elabóranse viños de gran calidade debido á coidadosa, especial e artesanal selección da materia prima.

A dificultade desta zona tradúcese en producións limitadas, pero de excelente calidade, que lle achegan ao viño unha acidez equilibrada grazas á combinación de horas de sol e choivas da zona, proporcionándolle unha maior intensidade aromática e o seu característico vermello cereixa e reflexos violetas.

A vendima realízase de forma manual, en caixas de pouca capacidade, para que as uvas cheguen intactas á adega, onde se escolman a man.

O milagre é obter pequenas producións destes viños exclusivos nos que predomina a fructosidade e limpeza de aromas.

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2016
Capacidade: 75 cl

1807 Artigos

  • Todo bo chourizo debería estar entre reixas?
    ¿Todo buen chorizo debería estar entre rejas?
    EUR 13,56 En Stock
    EUR 13,56

    IngredientesMagro porcino, pemento, sal, allo e tripa natural Características Peso aproximado 400/600 g Conservar en lugar fresco e seco Envasado en atmósfera protectora Información nutricional(Valores medios por 100 g de produto) Valor enerxético: 369,75 kcal / 1192,94 kJ Graxas: 28,89 gdas cales saturadas: 9,05 g Hidratos de carbono: 0,58 gdos cales...

    En Stock