Ir embutido xa non se leva?
¿Ir embutido ya no se lleva?

Salchichón extra

9331111

EUR 13,56 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Novos salchichóns Terra de Preguntas cun sabor tradicional e inconfundible.

Grazas a unha elaboración artesanal, o noso salchichón transpórtate a un momento único cando saboreas un anaco del. Está elaborado na provincia de Lugo de forma tradicional, a base de xamón, touciño e unha mestura de especias coma noz moscada ou pementa negra, o que lle dá o sabor intenso e característico deste produto.

A carne embútese en tripa de porco natural e recóbrese con fariña de arroz, aportándolle ao salchichón a súa textura característica. Tanto os ingredientes que se empregan na súa elaboración como a súa curación durante 45 días de forma natural, fan de este salchichón unha peza de altísima calidade.  

Preséntase en paquetes de 300 a 400 gramos envasados ao baleiro para que poidas desfrutar dos salchichóns durante un longo período de tempo sen perder o seu aroma e sabor. Recoméndase conservar nun lugar fresco e seco.

Ingredientes

Magro e touciño de porco, sal, especias (pementa e noz moscada), dextrosa, estabilizantes (E-450, E-452), antioxidantes (E-331, E-301), conservador (E-252). Tripa natural.

Características

Peso neto entre 300 e 400 g.
Conservar en lugar fresco e seco.
Envasado ao vacío.

Información nutricional

(Valores medios por 100 g de produto)

Valor enerxético: 438,42 kcal / 1841,36 kJ
Graxas: 33,37 g
das cales saturadas: 11,33 g
Hidratos de carbono: 1,80 g
dos cales azucres: 1,43 g
Proteínas: 32,73 g
Sal: 2,97 g

48 Artigos