As ribeiras do río Avia, afluente do río Miño, ao seu paso polo concello de Beade (Ourense), crean un microclima único para a elaboración do viño. O río atenúa as xeadas invernais e a intensa calor do verán. As súas marxes de rocha granítica e as súas revoltas con múltiples orientacións complementan a ecuación perfecta para crear un gran viño.
Neste enclave, feito para a viticultura, atópase unha pequena adega familiar. Dende hai varias xeracións, a partir de uva Treixadura (80%) e Godello (20%), elabora este excelente branco Denominación de Orixe Ribeiro. Unha elaboración case artesanal, que consegue un viño moi sólido, cun padal equilibrado e unhas sensacións de finura e delicadeza.
Denominación de Orixe: Ribeiro
Subzona: Beade
Variedade de uva: Treixadura 80%, Godello 20%
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2017
Capacidade: 75 cl