Contenido del pack

Denominación de Orixe: Ribeiro
Subzona: Beade
Variedade de uva: Treixadura 80%, Godello 20%
Alcohol: 13 %Vol
Anada: 2017
Capacidade: 75 cl


As ribeiras do río Avia, afluente do río Miño, ao seu paso polo concello de Beade (Ourense), crean un microclima único para a elaboración do viño. O río atenúa as xeadas invernais e a intensa calor do verán. As súas marxes de rocha granítica e as súas revoltas con múltiples orientacións complementan a ecuación perfecta para crear un gran viño.

Neste enclave, feito para a viticultura, atópase unha pequena adega familiar. Dende hai varias xeracións, a partir de uva Treixadura (80%) e Godello (20%), elabora este excelente branco Denominación de Orixe Ribeiro. Unha elaboración case artesanal, que consegue un viño moi sólido, cun padal equilibrado e unhas sensacións de finura e delicadeza.

Denominación de Orixe: Monterrei
Subzona: Tamagós
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 13% Vol
Añada: 2018
Capacidade: 75 cl


A adega atópase na conca do río Douro e nel desemboca o río Támega, que cruza a rexión de Monterrei de norte a sur. Ten un clima mediterráneo con veráns calorosos e secos e invernos fríos.

A zona presenta unhas considerables oscilacións térmicas, de ata 30º durante a época de maduración. En canto aos chans, na comarca de Monterrei están presentes tres tipos de chans: Pizarrosos e esquistosos, Graníticos e Arenosos e Sedimentarios.

O resultado dos chans Pizarrosos e esquistosos, idóneos durante as épocas de seca, é o aromático viño tinto Mencía D.O.Monterrei 

Ingredientes
Berberecho, auga e sal

Características
25/35 pezas
Tamaño: grande
Capacidade 120 ml
Peso neto 115 g
Peso neto escorrido 65 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto consumir en 24h, conservando o produto no frigorífico

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 48 kcal / 200 kJ
Graxas: 0,5 g
das cales saturadas: 0,05 g
Hidratos de carbono: 0 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 10,7 g
Sal: 1,5 g


Estes berberechos procedentes da Ría de Muros-Noia son recolleitos mediante as técnicas tradicionais e seleccionados a man durante os meses de Outubro-Xaneiro. Así se escollen só aqueles que ten o tamaño máis grande e o nivel de calidade óptimo para o seu envasado. A escaseza e singularidade deste produto é o que o fai tan especial. O intenso sabor deste molusco fai que non necesite moito máis para converterse nun dos abanderados das conservas gourmet. Por iso, para a súa preparación son lavados en auga de mar para non perder nada da súa esencia, logo cócense, se desconchan e colócanse manualmente na lata. Así, ao natural, pódese gozar dun incrible e singular sabor que só nos proporcionan produtos galegos tan selectos e únicos como este.

Non contén aditivos nin conservantes

Ingredientes
Mexillón 61% e salsa escabeche 39% (aceite de oliva 68%, vinagre de vino 22%, cebola, allo, sal e mezcla de especias)

Características
8/12 pezas
Tamaño: mediano
Capacidade 120 ml
Peso neto: 115 g
Peso neto escorrido: 70 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto consumir en 24h, conservando o produto no frigorífico

Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)

Valor enerxético: 168 kcal / 714 kJ
Graxas: 8,7 g
das cales saturadas: 1,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 20,1 g Sal: 1,6 g


Os mexillóns en escabeche de Terra de Preguntas foron criados na Ría de Muros-Noia, onde se someten a un proceso de maduración durante o tempo necesario para alcanzar o tamaño requirido e un resultado óptimo. Unha vez recolleitos, elabóranse mediante un proceso artesanal onde se lava o mexillón en auga de mar e posteriormente cócese, para logo proceder a marinarlos baixo a receita tradicional en salsa escabeche realizada con ingredientes naturais: aceite de oliva, vinagre, cebola, allo e outras especias. Conséguese así potenciar o sabor orixinal do mexillón galego coa salsa escabeche, obtendo unha conserva gourmet de extraordinario sabor.