Licor obtido a partir da mellor augardente de uva mencía da Ribeira Sacra. Elabórase cun destilado artesanal en alambique de cobre. Posteriormente, macérase con 20 variedades de herbas, que só o saber facer de varias xeracións determina. O seu sabor transpórtate ao campo grazas ao seu toque de herbas medicinais e balsámicas, resultando moi suave en boca.