Moitas preguntas cun único obxectivo: valorar o esforzo de pequenos produtores galegos cunha marca transversal que non deixa a ninguén indiferente.
Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), recoñeceu Terra de preguntas como referencia para o deseño galego, con motivo da exposición celebrada o 28 de xuño no CIS Galicia (Ferrol). Contando coa súa presencia no libro conmemorativo da edición.
Dous Ouros para Terra de Preguntas: ao mellor Packaging polo noso singular cárcere de chourizos e á mellor identidade corporativa nos premios máis relevantes outorgados ao sector do marketing alimentario: os Best Awards.
Os BestAwards, organizados en colaboración coa feira de referencia en Europa Alimentaria, son os únicos premios españois dedicados ao marketing alimentario.
Un novo proxecto para vender produtos gourmet galegos presenta cada un cun orixinal interrogante. Aquí, as sardiñas pregúntanche se «atopaches sitio nas Cíes», as marmeladas din: «Tan malo é que me unten?», e os licores propoñen...