O queixo de vaca San Simón da Costa é un queixo de textura suave ó corte e pasta semidura, que posúe un sabor exclusivo e diferencial.
Elaborado na provincia de Lugo a partir de leite de vaca das razas frisoa, parda-alpina e rubia galega, este queixo, acollido á Denominación de Orixe San Simón da Costa, goza dunha intensa tradición en Galicia. Na comarca de Terra Chá é onde se elaboran estes característicos queixos baixo unha receita tradicional a partir das mellores materias primas.
Ademais da excelente materia prima da que parte, a característica principal deste queixo é que se afuma con madeira autóctona de bidueiro dos bosques galegos e se somete a 200 días de curación, a diferenza do resto de queixos, o que resalta aínda máis o seu sabor e aroma tan particulares.
Premios concedidos ao D.O. San Simón da Costa:
-Premio outorgado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) ao Mellor Queixo de España de pasta prensada de vaca (2013).
-Medalla de bronce no World Cheese Awards 2013.
-Distinción de ouro na XVI Cata dos Queixos de Galicia (2013).
Características
Peso aproximado 1.000 g
Queso San Simón da Costa afumado con leña de bidueiro
Ingredientes
Leite pasteurizada de vaca, fermentos lácteos, conservante (E-252), isozima (E- 1105) procedente do ovo, callo, cloruro cálcico (E- 509) e sal
Información nutricional
(Valores medios en 100 g de produto)
Valor enerxético: 318 kcal / 100 g
Proteína: 23 g
Hidratos de carbono: 0,1 g
dos cales azucres 0,1 g
Graxas: 28,1 g
das cales saturadas: 20,5 g
Calcio: 638 mg
Fibra: 0,0 g
Sal: 1,0 g