Taberneiro ou community manager?
¿Tabernero o community manager?

Viño D.O. Ribeira Sacra Mencía Amandi Barrica de carballo 12 meses 2016

9371444

21,78 EUR IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Este viño tinto cultívase nas ladeiras dos canóns do río Sil ao seu paso polo concello de Sober. Elabórase a partir da uva mencía e enmárcase dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (Amandi).

A vide sitúase nun terreo escarpado, case árido, o que fai que a produción sexa escasa, pero excelente. A inclinación das ladeiras permite incrementar as horas de sol que recibe a uva, dándolle unha mellor maduración e intensidade aromática.

Nesta adega o viño elabórase da mesma forma dende hai 5 xeracións: recollendo e transportando a man as uvas dende o fondo de escarpadas pendentes e empregando pequenas caixas que manteñen intactas as uvas e as súas propiedades para, posteriormente, deixar fermentar, macerar e repousar en barrica de carballo durante 12 meses.

Denominación de Orixe: Ribeira Sacra
Subzona: Amandi
Variedade de uva: Mencía
Alcohol: 14 %Vol
Anada: 2014
Capacidade: 75 cl
Permanencia en barrica: 12 meses
Tipo de Barrica: Carballo

911 Artigos