Todo bo chourizo debería estar entre reixas?
¿Todo buen chorizo debería estar entre rejas?

Chourizo extra afumado con leña de carballo

9331110

EUR 13,56 IVE incl.

Portes gratis para compras superiores a 50€

Novos chourizos Terra de Preguntas, máis calidade, máis artesáns e tradicionais.

O saber facer que durante anos se foi acumulando nas tradicionais matanzas das aldeas e vilas galegas vese reflectido nestes chourizos elaborados na provincia de Lugo a partir de porcos de primeira calidade alimentados de forma tradicional a base de fariña de millo, cereais, verduras, hortalizas e froitas de tempada.

Unha vez seleccionada, a carne é adubada cun combinado de especias, onde destaca o pementón picante e doce, que lle confire esa cor vermella característica.

Embútese en tripa natural de porco e cúrase ao fume, con leña de carballo, de forma tradicional, proporcionándolle así un sabor característico que equilibra perfectamente o picante propio do produ-to. Ideal para servir tanto en cru coma en cocido ou á brasa, resulta unha peza de exquisito sabor, moi celmosa, de agradable textura e sen sensación graxa.

Este produto está libre de colorantes e aditivos.

Preséntase en paquetes de 5 unidades envasadas ao baleiro para que poidas conservalas durante un longo período de tempo mantendo todo o seu aroma e sabor.

Ingredientes
Magro porcino, pemento, sal, allo e tripa natural

Características
Peso aproximado 400/600 g
Conservar en lugar fresco e seco
Envasado en atmósfera protectora

Información nutricional
(Valores medios por 100 g de produto)

Valor enerxético: 369,75 kcal / 1192,94 kJ 
Graxas: 28,89 g
das cales saturadas: 9,05 g
Hidratos de carbono: 0,58 g
dos cales azucres: 0,32 g
Proteínas: 26,85 g
Sal: 1,98 g

9 Artigos