A Ría de Arousa posúe unha salinidade perfecta e incribles areais, ademais de atoparse ó abeiro dos grandes temporais, o que a converte nun dos mellores hábitats para a cría de moluscos. Alí é onde se selecciona a mellor materia prima: o primeiro paso para obter unhas excelentes navallas de altísima calidade.
O produto é elaborado de forma artesanal e é depurado e cocido ó vapor. A continuación, lávase con auga salgada morna para potenciar o seu sabor. Despois escónchanse as navallas unha a unha para que se manteñan enteiras e envásanse manualmente. Cóbrense en aceite de oliva, o que lles achega unha suave textura, e consérvanse sen aditivos nin conservantes.
Produto de tempada. Dispoñibilidade limitada.
Ingredientes
Navallas 56,5 %, aceite de oliva 43,5 % e sal
Características
Peso Neto: 115 g
Peso Escorrido: 65 g
Conservar en lugar fresco e seco
Unha vez aberto, consumir en 24 h conservando o produto no frigorífico
Sen glute
Información nutricional
(Valor medio por 100 g de produto escorrido)
Valor enerxético: 102 kcal / 433 kJ
Graxas: 2 g
das cales saturadas: 0,5 g
Hidratos de carbono: 2,3 g
dos cales azucres: 0 g
Proteínas: 14 g
Sal: 1,85 g